Benvid@s!!!!

mércores, 14 de outubro de 2015

UNHA VISITA ESPECIAL: O AVÓ MANOLO

Hoxe mércores 14 de outubro recibimos na hora de ler a un libro vivo; MANOLO!!


Manolo é o avó de Javi Pérez. 





Ten 68 anos e vive na parroquia de  Camos. Contounos un montón de cousas da vida. Un pracer escoitar as súas aventuras como mariñeiro (35 anos embarcado por todo o mundo: Terra Nova, África, Nova York, Noruega,...) Unha morea de sitios...Foi a escola ata os 14 anos e despois comezou a traballar como albanel.



Deulles un bo consello: "Nenos...o mellor que podedes facer é estudar!. Estudando pódese facer de todo pero.... sen estudos non ídes a ningures!" 
GRAZAS MANOLO POLAS TÚAS VERBAS E CONSELLOS!! DEICA PRONTO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario