Benvid@s!!!!

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Tod@s diferentes, tod@s en PAZ

Aproveitando que o día da PAZ é hoxe e relacionándoo co lema "TOD@S DIFERENTES, TOD@S EN PAZ", @s nen@s do cole fixemos unhas fotos coa cara de Lorenzo!!.Despois de proxectalo na aula e falar sobre os nosos "cazos", porque seguro que tod@s temos un...Deixámosvos diferentes curtametraxes para que tamén poidades velas...










domingo, 19 de xaneiro de 2014

Animals in the Womb

A semana pasada estivemos vendo na clase, animais que están na barriga da nai ou mesmo crecendo no ovo, aquí ensinámosvos unhas fotografías que nos pareceron moi moi interesantes, agardamos que vos gusten tanto coma a nós. Algo que nos chamou a atención foi o cordón umbilical!!!!!!
Quenlla "LIMÓN"(así é o seu nome)

serpe

osos polares

quenlla branca

Guepardo

golfiño

Os nosos animais preferidos

Ola chámome Alba e o meu animal favorito é o can.Este chámase Cuca, é un cocker moi bo,é omnívoro e vivíparo,desprázanse andando .Na foto estaba comigo cando eu era pequena e é na miña casa, no xardin.
Ata logooooooo!!!!!!

unha aperta



 Alba




Ola chámome Susana e o meu animal favorito é a avestruz e o can. A avestruz é omnívora e é ovípara , desprázase por terra e andando, é moi veloz para escapar dos seus depredadores. E o can e omnívoro, mamífero e desprázase andando.


Ola chámome Alicia e o meu animal favorito é o poni. É herbívoro,desprázase andando ou correndo e é viviparo.Nace do ventre da súa nai.
Ola chámome Ancor e este é o meu animal preferido.Ese animal é un can, é vivíparo.Esa foto ten máis ou menos 1 ano e chámase Buli. É moi bo e tamén é omnívoro...É tan mono!!!!!! Ese sitio era a casa do meu cuñado, os donos do can chámanse Ancor Recio Troncoso e Natalia Rocha Troncoso, asegúrovos que se o estades vendo vaivos gustar moito.A raza do can é AMERICAN STANFOR, oxalá tiveras este can!!!!Que sorte teño!!!!!!
Pero sucede que o vendimos...



Ola chamámonos Brais e Nico, o noso animal preferido é o can e o gato.Estaba en casa dos meus avós co meu can Mini. O meu can é carnivoro e desprázase andando e o gato é carnívoro.


  
Ola chamámonos Alex e Loreto e os nosos animais favoritos son o cervo e a avestruz . O cervo e a avestruz son herbívoros,vivíparos e desprázanse andando e correndo.



Ola son María e o meu animal favorito é o León Marino,é carnívoro, vive en augas subárticas,é vivíparo e cando me fixen esta foto tiña 8 anos, estaba no circo.

Ata logooooooooooo

Un bico.



Ola chámome Mario e o meu animal favorito é o pitbull.Come carne e outros alimentos, necesita un bozo, é pequeno e moi fiero.




Ola chámome Marta, este é o meu animal preferido: o cabalo, é vivíparo, come herba, é dicir que é hervíboro. Esta foto fíxose cando eu era pequena tiña 4 ou 5 anos e estava en Alazán.É o meu animal preferido porque é suave e moi bonito, moi bo e me encantou esa visita porque estaba en Alazán e había moitas razas de cabalos diferentes .Tamén era a segunda vez que montaba a cabalo e ao principio sentíame un pouco nerviosa.


Ola chámome Irene e o meu animal preferido é o hamster, sempre quixen ter un.É vivíparo e omnivoro, é o meu animal preferido porque é suave pequeniño e adorable.
E unha vez toquei un hamster dunha compañeira de clase e sentinme moi emocionada, foi o mellor momento da miña vida, paseino xenial.



Ola chámome Martin e o meu animal favorito e o gato.É un animal omnívoro, ten catro patas e desprázanse andando pola terra,  son mamiferos.




Ola, chámome Inés e o meu animal favorito é o guepardo.O guepardo é carnívoro (porque come carne).É depredador (porque caza).E é vivíparo (porque nace da barriga da súa nai).Desprázase correndo ou andando.


Ola ola chámome Javi e o meu animal preferido é o gato persa, é vivíparo e carnívoro. Non come ratóns é gris e blanco e non é fero. Ten 1 ano e vai facer 2 anos, ten moito pelo e meu e tamén é moi bo.Nesta foto tiña 8 anos e foi na casa.O meu gato persa chámase Mickey, oxala tiveras a sorte de ter un gato como o meu. Agora vos vou deixar unha foto do meu gato.


Ola son QUIQUE o meu animal favorito é o can , son omnívoros, vivíparos e mamíferos, andan a catro patas.


Ola son ÁLVARO, o meu animal preferido é o can, ten catro patas , é omnivoro é viviparo.

                                                

Ola son Xián e o meu animal preferido é o león.É un mamífero é carrnívoro,e  nesta foto teño 3 ou 4 anos, este bebé león é tamén moi pequeño e bastante mono.




Ola! Chámome Martina  e o meu animal  preferido é o can.A sua raza é o Buldog francés, é omnívoro (porque come de todo).Desprázase a catro patas.
É vivíparo (porque nace do ventre da sua nai, esta  foto foi de cando quixen colgar algo na web.







mércores, 15 de xaneiro de 2014

A clase de Educación Física


Non podía faltar neste blog unha clase que lles encanta!!!!!!! Aquí tedes actividades que fixeron co profe Xose. Parece que non o pasan nada mal non??












martes, 14 de xaneiro de 2014

A radio do cole

Cada martes de quince en quince días, @s nen@s de 3º B imos á radio en grupos de 5 a ler unha poesía. Esta semana lemos "Arco da vella" de Manuel María.

 "O ARCO DA VELLA"
MANUEL MARÍA

O arco da vella
no ceio subido
co seu colorín
co seu colorido

O
arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceio,
beleza de frores

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella

de luz feito é.
¡Resulta un miragre
que siga de pé!