Benvid@s!!!!

sábado, 29 de novembro de 2014

Gañadores dos relatos de TERROR do SAMAÍN

Aí tedes os gañadores dos relatos de TERROR, o venres 28 de novembro se levou a cabo por parte da coordinadora de normalización lingüística a "profe Delfina" a entrega de premios destes relatos. dicirvos que como tamén a nosa clase participou moitísimo tivemos un premio grupal, e...Adiviñade que foi? Un xadrezzzzz!!!!!


ARCE SACARINO

Con motivo da continuación do PROXETO DO MONTE, cada aula escolleu unha árbore do cole para traballar durante o ano e poderlle contar aos compis das outras aulas cousiñas interesantes de cada especie. A nós tocounos o ARCE SACARINO, así que aquí vos ensinamos a árbore en outono, irédes véndoa en cada unha das estacións pero agora está case nua.






domingo, 23 de novembro de 2014

Saída a NATURNOVA e ao MARCO

O venres 21 de NOVEMBRO fixemos unha saída a NATURNOVA e o MARCO. O día xa comezou soleado así que nos agardaba unha boa aventura.

Comezamos por NATURNOVA, O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.
  • O Universo: Comezamos o percorrido cunha visión do Universo, a nosa Galaxia e o Sistema Solar para coñecermos a posición dos planetas nunha data determinada, descubrirmos onde nacen as estrelas ou crearmos un planeta habitable.
  • O Planeta: Centramos a segunda sala no planeta en que vivimos, facendo referencia aos distintos medios que sustentan a vida —solo, auga e aire—  e aos seres que os habitan. Aquí puidemos crear un tornado, comprobar como sería a Terra se nela non existise auga, localizar rochas nun mapa de Galicia e ver as relacións que establecen os seres vivos entre si e co medio, ademais de realizar unha fascinante viaxe aérea virtual para visitares diversos espazos naturais de Galicia.
  • O Ser Humano e o seu Medio: Dedicamos o último espazo expositivo á relación que o ser humano ten co medio que lle rodea. Situándonos nunha cámara anecoica puidemos escoitar diferentes ruídos, coñecer a súa intensidade e deseñar o que nos suxeriron. Tamén puidemos comprobar o que sucede cando agredimos ao medio, así como ver as medidas que se poden aplicar para evitar a súa degradación, como a recollida selectiva de residuos.

















Despois e xa con un pouquiño de fame, coñecemos a ALAMEDA de VIGO, para algún dos nosos alumn@s descoñecida e compartimos merenda e tempo de lecer. A verdade é que nos portamos de marabilla.









Xa sen tempo para máis, fomos ao MARCO, Descubrimos parte da obra de IGNACIO URIARTE e tratamos  algúns aspectos relacionados coas obras presentes en salas. Por exemplo, a linguaxe dos signos gráficos, as repeticións e combinacións como experimentos creativos, ou a relación entre son e imaxe en movemento.


A obra de Ignacio Uriarte toma como punto de partida a súa anterior ocupación nunha oficina dunha gran multinacional, na que emprega numerosos materiais de oficina para a creación das súas obras.






En definitiva, e según as profes de cuarto (díxomo un paxariño...)  os dous grupos ademais de misturarse, portáronse de DEZZZZZZ.



MAGOSTO

O día 13 de novembro aproveitamos que o Sol nos acompañou durante a mañá para poder festexar o Magosto. Fixemos esta celebración no cole e participamos en diferentes xogos populares. Aí tedes as fotos que son a mellor proba do ben que o pasamos!!!!