Benvid@s!!!!

domingo, 25 de outubro de 2015

ESTÁ SEMANA ACONTECERON UNHA MOREA DE COUSAS!!

SEMANA DO 19 AO 25 DE OUTUBRO de 2015

Nesta semana aconteceron unha morea de cousas!!

Ímos por partes!!

Unha Visita de categoría...Susana Rodríguez Gacio estivo no noso cole!!
Susana ademáis de deportista paratriatleta, foi medalla de bronce no campionato do mundo celebrado en Chicago. Aos seus 27 anos xa é médico e fisioterapeuta. 
É albina polo que ten unha alteración xenética que lle impide producir melanina na pel, cabelo e ollos.   Isto fai que só teña un 5% de visión nun ollo e 7% noutro. 
Isto non foi impedimento para Susana acabara no deporte e mais concretamente no paratriatlón (natación, atletismo e ciclismo) e agora aspire a conseguir unha medalla nas olimpiadas de Río de Xaneiro de 2016. 
Ao finalizar de escoitar a súa experiencia foi moi amable e asinounos autógrafos a tod@s e entrevistámola  en Radio Vilameán....Velaí os locutores...
Moita sorte Susana!

Visita de Jose Luis (avó de Gisela)

Outra visita de categoria....Jose Luis foi mariñeiro, albanel e empregado de Citroën...na súa vida pasou por diferentes etapas...todas elas moi interesantes que os alumnos de 5º tiveron a sorte de escoitar.
GRAZAS Jose Luis!!





Un avó de categoría!!

3º APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
 A profe Marta (a nova Biblitecaria) informounos de como está distribuida este ano a biblioteca e de todas as novidades para este curso 2015/16.
Fixémoslle unha entrevista o día da apertura, xogamos a un xogo no patio da búsqueda dunha portada dun libro, explicounos o concurso mensual "1,2,3, a resposta atoparei"...
Mirade, mirade....




Ningún comentario:

Publicar un comentario