Benvid@s!!!!

xoves, 26 de febreiro de 2015

Mitos e lendas

Ola amig@s!!, esta semana na nosa clase estamos traballando as lendas e mitos, así que  falando de Hércules, unha cousa derivou a outra e nos preguntamos por que a Torre de Hércules se chama así, de maneira que nos tocou pesquisar na casa o motivo deste nome. E aí vos damos a coñecer esta lenda.

Conta a lenda, que existía na zona da Coruña un xigante chamado Gerión que tiña aterrorizados a todos os seus habitantes. Acode en axuda destes, Hércules, fillo do Deos Zeus, que se enfronta ao xigante durante tres longos días. Tras unha dura loita, Hércules vence e mata a Gerión, córtalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorando a súa vitoria.
Rememorando esta loita, dende 1.448 no escudo da coruña aparecen representadas a Torre de Hércules e a caveira do tirano Gerión.

sábado, 21 de febreiro de 2015

O entroido

Ola amig@s o Entroido chegou e a choiva tamén, así que o desfile o fxemos no ximnasio, estivemos tod@s @s nen@s do cole compartindo ese momento, e aquí volo ensinamos a tod@s agardamos que vos gusten estas formiguiñas!!!!!
Os cigarróns!!!!!