Benvid@s!!!!

luns, 23 de marzo de 2015

Preparando as nosas portadas de segundo trimestre!!!

Aí os tedes totalmente concentrados e facendo os paxaros de papiroflexia !!!!









Tesouros que atopou o noso amigo Quique na biblio

Sorpresaaaaaaa mira o que o noso compi atopou o luns a tarde na bibliooooo!!!!. A ver se coñecedes a alguén.

Eclipse de sol e "efecto Pinhole"

Ola amig@s,

O venres pasado tivemos a ocasión de disfrutar da explicación do eclipse de sol do profe Bruno e de poder observar a través dun pequeno vídeo do  "EFECTO PINHOLE". O vídeo foi do eclipse do 2005, que disfrutou a xente do cole, nós non puidemos disfrutalo no cole, pero esperemos que poidades disfrutar moitos máis na vosa vidinha. Grazas Bruno pola túa explicación, serviunos a todos de moitísimo!!!

https://www.youtube.com/watch?v=_A-0v4HsT1g

domingo, 22 de marzo de 2015

E continuando cos mitos...Mito do minotauro

Hai moito, moito tempo, vivía en Grecia un novo e valente príncipe chamado Teseo. O seu pai era o rei Exeo e gobernaba a fermosa cidade de Atenas.

Un día baixou Teseo ao porto e viu un grupo de xente chorando. Sete rapaces e sete doncelas eran levados, coas mans atadas, a bordo dun barco de velas negras.

-Quen é esa xente que hai no peirao? -preguntou Teseo a un mariñeiro.

-Son os familiares das catorce vítimas que van ser sacrificadas. Ves a eses sete rapaces e sete doncelas? Serán enviados a CretaPobreciños, como os compadezo!

-Por que? Pois que lles sucederá?

-Pero non o sabes, pequeno? Serán ofrecidos como alimento ao terrible Minotauro que vive no labirinto!

Teseo oíra falar do Minotauro, o horrendo monstro con corpo de xigante e cabeza de touro! Posuía uns cornos temibles e uns dentes enormes, e habitaba nun vasto labirinto nos sotos do pazo de Creta, devorando seres humanos. Tan numerosos eran os pasadizos do labirinto, que ninguén que penetraba nel conseguía achar a saída.

Teseo regresou apresuradamente ao pazo do seu pai.

-¡Pai! -exclamou-. Acabo de ver catorce mozos atenienses a bordo dun barco que se dirixe a Creta. Por que os enviamos para ser sacrificados a esa terrorífica besta, o Minotauro?

-Porque hai moito tempo, fillo meu, houbo unha guerra entre Atenas e Creta. Atenas foi derrotada, e dende entón debemos enviar un tributo a Creta cada sete anos, un tributo de sacrificios humanos! Se non enviamos a eses sete mozos e sete doncelas para que sexan devorados polo Minotauro, o rei de Creta nos volverá declarar a guerra e moitos dos nosos morrerán.

-E non podería dar alguén morte ao Minotauro? -preguntou Teseo.

-Ninguén saíu nunca do labirinto con vida. Ou os mata o Minotauro, ou se perden para sempre no labirinto.

Teseo regresou correndo ao porto e achegouse ao barco das velas negras, onde agardaban os rapaces e as doncelas. Os seus familiares e amigos seguían saloucando no peirao.

-¡Pobo de Atenas! -berrou Teseo-. Non choredes, eu irei a Creta para rematar co Minotauro!

Con estas palabras, Teseo subiu a bordo e zarpou a Creta.

Tras moitos días de navegación, chegaron á bela illa de Creta. No alto dun risco estaba o magnífico pazo de mármore do rei Minos. Os seus soldados conduciron aos mozos e as doncelas polo sendeiro do risco.

O interior do pazo estaba todo adornado con ouro e prata. Os cuartos aparecían repletas de finos mobles, e en todas as paredes podían contemplarse escenas de touros e delfíns saltarins.

No amplo salón o rei Minos achábase sentado nun trono dourado. Tiña unha longa barba branca e levaba posta unha túnica de seda.

-Só esperaba catorce -dixo rudamente- Por que o rei Exeo me envía a quince?

Teseo deu un paso adiante.

-Son o príncipe Teseo, fillo do rei Exeo. Vin para matar o Minotauro e liberar o meu pobo desta terrible débeda.

-Bravas palabras -dixo o rei cun pérfido sorriso-. Posto que estás tan ansioso de encontrarte co noso monstro, ti serás o primeiro que entrará mañá no labirinto.

Nunha esquina da ampla sala estaba a bela princesa Ariadna. Ao ver a Teseo, inmediatamente namorouse del. "Debo axudar a este valente e aposto mozo", pensou.

Aquela noite, dirixiuse ao seu cuarto sixilosamente.

-Príncipe Teseo -murmurou en voz baixa-. Non podo axudarte a matar o Minotauro, pero si podo axudarte a escapar do labirinto. Debes aceptar a miña axuda ou morrerás.

-Fareino encantado, princesa -contestou Teseo.

-Entón toma esta espada e esta madeixa de fío e escóndeos debaixo da túa túnica. Cando entres no labirinto, ata o extremo do fío á porta e ve desenrolándoo á medida que avances polos escuros pasadizos. É a túa única esperanza de achar a saída unha vez que mates o Minotauro. Eu estareite a esperar xunto á porta. Debes levarme contigo de regreso a Atenas. O meu pai matarame se descobre que te axudei a escapar.

-Levareite comigo, princesa -dixo Teseo con tenrura-, pois estou namorado de ti.

Ao amañecer do día seguinte, os soldados do rei conduciron aTeseo ata o labirinto. Cando a porta se pechou tras el, quedou sumido na escuridade. Sacando a madeixa de fío de debaixo da súa túnica, Teseo atou un dos seus cabos á porta. Palpou os elevados muros que tiña a ambos os dous lados e, moi devagar, descendeu polo angosto camiño, desenrolando o fío a medida que avanzaba. Máis adiante viu un pouco de luz filtrándose polo chan do pazo, e puido ver miles de caveiras e ósos esparexidos polo chan.

De pronto oíu un terrible ruxido que resoaba polos pasadizos. O espantoso son aproximábase máis e máis, e Teseo percibiu a forte pisada do xigante que se achegaba.

Inesperadamente, a besta abalanzouse sobre el, bramando e ruxindo, pero o príncipe apartouse dun salto, asíndose á rocha. A besta volveu abalanzarse sobre el, e esta vez Teseo asestoulle un violento puñazo no peito. O Minotauro caeu cara a atrás, atordado, e Teseo agarrouno polos seus inmensos e afiados cornos, inmobilizándoo. O Minotauro soltou de novo un ruxido e chiou os seus enormes dentes. Teseo sacou rapidamente a súa espada e afundiuna tres veces no corazón do Minotauro. A besta ruxiu unha vez máis... e logo quedou inmóbil.



Na escuridade, Teseo buscou o nobelo de fío que caera. Cando o achou, foi seguindo coas mans o rastro do fío a través dos escuros e sinuosos corredores do labirinto. Á fin alcanzou a porta onde se achaba Ariadna.

Ao ver a Teseo manchado de sangue, correu cara a el e abrazouno apaixonadamente.

-Debemos apresurarnos -dixo a moza, moi excitada-, ou descubrirannos os gardas do meu pai.

Ariadna conduciu a Teseo a onde se achaba ancorado o barco. Alí, esperándoos, estaban os sete rapaces e as sete doncelas. Cando saíu o sol, puxeron rumbo a Atenas.

TEATRO: Romance de Micomicón e Adhelala


O  pasado venres, 6 de marzo, os alumnos do cole tivemos a oportunidade de asistir á obra de teatro de Eduardo Blanco Amor "Romance de Micomicón e Adhelala, representada por actores e actrices de "Vichelocrego Teatro" no ximnasio do Centro.



martes, 10 de marzo de 2015

Coñecemos a tartaruga de Susana!!!

Ola son Susana e esta é a miña tartaruga. Chámase Tortu,la teño hai cinco anos. A súa comida preferida é a gamba e os bocartes.

luns, 2 de marzo de 2015

I Milla Anemia de Fanconi

Aquí tedes a nosa compi  LORE participando nesta carreira solidaria, TODA UNHA CAMPIONA!!!!.





Aquí vos damos un pouquiño de información sobre este acontecemento.
 A carreira, organizada pola Asociación Española de Anemia deFanconi en colaboración cos tres concellos da bisbarra, celebrouse este sábado 28 de febreiro, coincidindo co Día Mundial de Enfermidades Raras


I Milla Anemia de Fanconi é un proxecto totalmente solidario, xa que a organización doará o 100% da recadación da carreira á Asociación Española Anemia de Fanconi, co fin de axudar no labor que realiza esta asociación, como dar a coñecer esta patoloxía, considerada dentro do grupo de enfermidades raras.

En Galicia existen cinco casos diagnosticados de Anemia de Fanconi, todos eles relacionados con familias do Val Miñor, motivo polo cal a organización seleccionou este emprazamento para a celebración da carreira.