Benvid@s!!!!

martes, 26 de abril de 2016

26 DE ABRIL DE 2016...PROBAS DE ATLETISMO NO CUVI

Hoxe gozamos dun día perfecto para acudir ao CUVI a participar nas probas de Atletismo en pista.

Salto de lonxitude, lanzamento de peso, carreira de 60 metros, carreira de 500 metros e carrreira de relevos....fixémolo moi ben!! Rapaces sodes uns  campións!! 
Teredes mais reportaxe fotográfico na web do colexio. Velaí vai nun pequeno adianto...



luns, 25 de abril de 2016

EN ABRIL UNHA MOREA DE ACTIVIDADES!!

Neste mes de abril tivemos a sorte de desfrutar cunha morea de actividades....

1º  O club de lectura recibe os seus libros.
2º Visitounos a escritora de Nata e chocolate: Alicia Borrás Sanjurjo.
3º Visitounos Alejandro Nande Iglesias (exalumno do cole) adícase a doma clásica.
4º Desfrutamos coa semana da Multiculturalidade!