Benvid@s!!!!

martes, 14 de xaneiro de 2014

A radio do cole

Cada martes de quince en quince días, @s nen@s de 3º B imos á radio en grupos de 5 a ler unha poesía. Esta semana lemos "Arco da vella" de Manuel María.

 "O ARCO DA VELLA"
MANUEL MARÍA

O arco da vella
no ceio subido
co seu colorín
co seu colorido

O
arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceio,
beleza de frores

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella

de luz feito é.
¡Resulta un miragre
que siga de pé!







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario