Benvid@s!!!!

domingo, 22 de novembro de 2015

I ENCONTRO STELA MARIS E CEIP HUMBERTO JUANES


Os alumnos de 5º de primaria,  baixo o lema " Vivir na diversidade, garantir a igualdade" traballan de preto a etapa da vida mais afastada para eles, a ancianidade.

Este xoves, 19 de novembro de 2015, visitaron a residencia da 3ª idade situada fronte a praia da Madorra en Panxón no que se considera o I ENCONTRO XERACIONAL CEIP HUMBERTO JUANES E RESIDENCIA DA 3ª IDADE STELA MARIS.


 Entre as actividades realizadas, escenificaron un conto da editorial Kalandraka chamado "Avós", visitaron as instalacións e entrevistaron a algúns dos avós alí presentes. Tiveron un momento para valorar a era dixital fronte a era artesanal.  Os  sete elexidos entre os avós foron: Encarnación, Cristóbal Moreno, Soledad, Carmen, Julia, Ángela e Catalina foron os protagonistas. As súas profesións, moi diversas, atoparon unha modista, banqueiro, enfermeira (xubilada do hospital Xeral de Vigo), administrativa da empresa Pegaso, unha cacereña que vendía cereixas no seu burro e dúas traballadoras  do campo.



Ademais puideron compartir uns agasallos, por parte dos nenos unhas flores feitas con moito cariño e os avós os mellores consellos:
"Estudiade moito para ser bos na vida"
"Ser traballadores e humildes"
"Ter moito cariño cos avós que é unha sorte poder telos"

Os rapaces desfrutaron moito da experiencia, algunhas das súas declaracións: 
Andrea: " Ver a os avós emocionados gustoume moito"
Gisela: "Bailar con eles foi unha boa idea, encantoume!"
María: " Eran moi agradecidos"
Javi: " Cando estábamos facendo a obriña de teatro animábanme moito"

A experencia foi moi gratificante!!



 E puidemos desfrutar dun acompañamento musical incrible!! A nosa orquestra composta por:
1. MARTINA co seu clarinete!!
2. RAQUEL co seu saxo! 
3. SOFÍA co acordeón!!!
Sodes unhas máquinas!!!Parabéns!!!

















Ningún comentario:

Publicar un comentario