Benvid@s!!!!

sábado, 23 de maio de 2015

SEMANA DA DIVERSIDADE

A vindeira semana levarase a cabo no cole a semana da DIVERSIDADE, unha serie de actividades nas que participaremos terán como fío conductor a igualdade dentro da nosa propia diversidade. Dende contacontos, concertos, talleres, etc...Farán que tod@s e tod@s sexamos conscientes unha vez máis que aínda que tod@s temos marabillosas diferenzas, temos algo que nos debe unir a tod@s,que é o RESPECTO e a IGUALDADE en dereitos e deberes de tod@s nós.

Tivemos que facer dende a nosa aula unha E, e por que????.....Pois xa o veredes para a vindeira semana....

Ensinámosvos unhas fotiños da nosa E particular, que como todo, escollemos a forma de facela democraticamente...Pensamos que nos quedou chula, non vos parece??. Ademais algo que continúa deixando abraiada a profe Sandra é a maneira de traballar en equipo que temos, ninguén se queixou, recortamos cadrados, triángulos, pegamos, fixemos boliñas de papel...Sen ningún tipo de queixa....UNHA MARABILLA!!!!!

Aproveitamos para que novamente vexades O CAZO DE LORENZO, porque é un pequeno contiño que dá moito que falar....














Ningún comentario:

Publicar un comentario