Benvid@s!!!!

domingo, 23 de novembro de 2014

Saída a NATURNOVA e ao MARCO

O venres 21 de NOVEMBRO fixemos unha saída a NATURNOVA e o MARCO. O día xa comezou soleado así que nos agardaba unha boa aventura.

Comezamos por NATURNOVA, O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.
  • O Universo: Comezamos o percorrido cunha visión do Universo, a nosa Galaxia e o Sistema Solar para coñecermos a posición dos planetas nunha data determinada, descubrirmos onde nacen as estrelas ou crearmos un planeta habitable.
  • O Planeta: Centramos a segunda sala no planeta en que vivimos, facendo referencia aos distintos medios que sustentan a vida —solo, auga e aire—  e aos seres que os habitan. Aquí puidemos crear un tornado, comprobar como sería a Terra se nela non existise auga, localizar rochas nun mapa de Galicia e ver as relacións que establecen os seres vivos entre si e co medio, ademais de realizar unha fascinante viaxe aérea virtual para visitares diversos espazos naturais de Galicia.
  • O Ser Humano e o seu Medio: Dedicamos o último espazo expositivo á relación que o ser humano ten co medio que lle rodea. Situándonos nunha cámara anecoica puidemos escoitar diferentes ruídos, coñecer a súa intensidade e deseñar o que nos suxeriron. Tamén puidemos comprobar o que sucede cando agredimos ao medio, así como ver as medidas que se poden aplicar para evitar a súa degradación, como a recollida selectiva de residuos.

















Despois e xa con un pouquiño de fame, coñecemos a ALAMEDA de VIGO, para algún dos nosos alumn@s descoñecida e compartimos merenda e tempo de lecer. A verdade é que nos portamos de marabilla.









Xa sen tempo para máis, fomos ao MARCO, Descubrimos parte da obra de IGNACIO URIARTE e tratamos  algúns aspectos relacionados coas obras presentes en salas. Por exemplo, a linguaxe dos signos gráficos, as repeticións e combinacións como experimentos creativos, ou a relación entre son e imaxe en movemento.


A obra de Ignacio Uriarte toma como punto de partida a súa anterior ocupación nunha oficina dunha gran multinacional, na que emprega numerosos materiais de oficina para a creación das súas obras.






En definitiva, e según as profes de cuarto (díxomo un paxariño...)  os dous grupos ademais de misturarse, portáronse de DEZZZZZZ.



Ningún comentario:

Publicar un comentario