Benvid@s!!!!

martes, 28 de outubro de 2014

GALLETAS TERRORÍFICASSSSSSS

Con motivo do Samaín, o venres pasado tivemos unha sesión de cociña, fixemos galletas con fariña de millo e con todo tipo de ingredientes aptos para celiacos. Estivo terrorificamenteeeeee divertidooooooo!!!!!. Grazas profe Carmen por ser a nosa master chef na aula de 4ºB e 4º A.











GALLETAS DE MEDO

INGREDIENTES


- 250 gr de maizena ou preparado de fariña sin gluten
- 200 gr de azucre
- 2 culleriñas de esencia de vainilla
- 125 gr de manteiga
- 2 ovos
- Cacao en po, colorante alimentario  ou virutiñas de chocolate para decorar


PREPARACIÓN

a Poñemos o forno a quentar a uns 180º.
B  Preparamos unha bandexa de forno con papel vexetal.
c Botamos o azucre nun vaso alto de batedor e batémolo un par de minutos.   
d Engadimos a manteiga, as dúas culleriñas de esencia e un dos ovos, e
    batemos un pouco máis para que se xunte todo.
e Nunha cunca poñemos a maizena e engadimos a mestura que batemos
   antes e xuntamos todo outra vez.
f Collemos un pouco de masa e se queremos lle engadimos unhas gotiñas de 
    colorante, estendémola e cos moldes imos facendo as galletiñas medosas
    e colocándoas na bandexa.
g Batemos o ovo que nos queda e pintamos con el as galletas, ou as
    decoramos co cacao ou coas virutiñas.
h  Metemos as galletas no forno, e esperamos uns 7 minutos.
i  Cando vexamos que están totalmente feitas sacámoas e esperamos a
    que arrefríen, antes de separalas do papel.

               A que están de meeedo?


Ningún comentario:

Publicar un comentario