Aí tedes os gañadores dos relatos de TERROR, o venres 28 de novembro se levou a cabo por parte da coordinadora de normalización lingüística a "profe Delfina" a entrega de premios destes relatos. dicirvos que como tamén a nosa clase participou moitísimo tivemos un premio grupal, e...Adiviñade que foi? Un xadrezzzzz!!!!!
Benvid@s!!!!
sábado, 29 de novembro de 2014
ARCE SACARINO
Con motivo da continuación do PROXETO DO MONTE, cada aula escolleu unha árbore do cole para traballar durante o ano e poderlle contar aos compis das outras aulas cousiñas interesantes de cada especie. A nós tocounos o ARCE SACARINO, así que aquí vos ensinamos a árbore en outono, irédes véndoa en cada unha das estacións pero agora está case nua.
domingo, 23 de novembro de 2014
Saída a NATURNOVA e ao MARCO
O venres 21 de NOVEMBRO fixemos unha saída a NATURNOVA e o MARCO. O día xa comezou soleado así que nos agardaba unha boa aventura.
Comezamos por NATURNOVA, O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.
Comezamos por NATURNOVA, O centro Naturnova está formado por 3 salas distribuídas noutros tantos niveis: O Universo, O noso Planeta e O Ser Humano e o seu Medio.
- O Universo: Comezamos o percorrido cunha visión do Universo, a nosa Galaxia e o Sistema Solar para coñecermos a posición dos planetas nunha data determinada, descubrirmos onde nacen as estrelas ou crearmos un planeta habitable.
- O Planeta: Centramos a segunda sala no planeta en que vivimos, facendo referencia aos distintos medios que sustentan a vida —solo, auga e aire— e aos seres que os habitan. Aquí puidemos crear un tornado, comprobar como sería a Terra se nela non existise auga, localizar rochas nun mapa de Galicia e ver as relacións que establecen os seres vivos entre si e co medio, ademais de realizar unha fascinante viaxe aérea virtual para visitares diversos espazos naturais de Galicia.
- O Ser Humano e o seu Medio: Dedicamos o último espazo expositivo á relación que o ser humano ten co medio que lle rodea. Situándonos nunha cámara anecoica puidemos escoitar diferentes ruídos, coñecer a súa intensidade e deseñar o que nos suxeriron. Tamén puidemos comprobar o que sucede cando agredimos ao medio, así como ver as medidas que se poden aplicar para evitar a súa degradación, como a recollida selectiva de residuos.
Despois e xa con un pouquiño de fame, coñecemos a ALAMEDA de VIGO, para algún dos nosos alumn@s descoñecida e compartimos merenda e tempo de lecer. A verdade é que nos portamos de marabilla.
Xa sen tempo para máis, fomos ao MARCO, Descubrimos parte da obra de IGNACIO URIARTE e tratamos algúns aspectos relacionados coas obras presentes en salas. Por
exemplo, a linguaxe dos signos gráficos, as repeticións e combinacións
como experimentos creativos, ou a relación entre son e imaxe en
movemento.
A obra de Ignacio Uriarte toma como punto de partida a súa anterior ocupación nunha oficina dunha gran multinacional, na que emprega numerosos materiais de oficina para a creación das súas obras.
En definitiva, e según as profes de cuarto (díxomo un paxariño...) os dous grupos ademais de misturarse, portáronse de DEZZZZZZ.
MAGOSTO
O día 13 de novembro aproveitamos que o Sol nos acompañou durante a mañá para poder festexar o Magosto. Fixemos esta celebración no cole e participamos en diferentes xogos populares. Aí tedes as fotos que son a mellor proba do ben que o pasamos!!!!
martes, 28 de outubro de 2014
Samaín
Chegou o Outono, e
con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva,
vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)